Back to photostream

CAMPUS DO OUTONO 2017

Fotos do Campus do Outno 2017.

O Campus celebrouse na Galería Photo Art en Ourense coa seguinte programación:

 

Xoves 30 de novembro

 

20.15 h.

Visita guiada: Environments, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

por Jon Gorospe

Lugar: Museo Municipal de Ourense

 

Explicación do proceso de creación do proxecto e visitaguiada feita polo propio autor.

 

 

Venres 1 de decembro

 

20.30 h.

Obradoiro de Light Painting

Impartido por Lomography Portugal en colaboración con Máquinas de Outros Tempos.

 

Envolve un obxeto en cores vibrantes ou cría alucinantes imaxes cheas de luz e cor coa técnica de pintura con luz (light painting). Aproveita esta oportunidade para poderes experimentar unha cámara lomográfica e, con ela, obteres resultados divertidos e criativos.

Saída desde a Praza Maior de Ourense.

 

Custo: 30€

(O evento inclúe o valor do carrete + revelado + digitalización e ten a duración de 2 horas.

Lugar: Saida desde a Praza Maior

Inscripcións: goo.gl/forms/stjlocd484YmRLIs2

 

 

Sábado 2 de decembro

 

10.30 h.

Workshop de Cianotipia

Impartido por Lomography Portugal en colaboración con Máquinas de Outros Tempos.

 

A Cianotipia é unha técnica de impresión do século XIX que consiste na utilización dunha mestura de químicos (que poden ser usados en diferentes concentracións para a obtención de tonalidades e contrastes diferentes), e da súa exposición a unha fonte UV, neste caso o sol, para criar imaxes en tons de azul sobre soportes diferentes dos habituais. Ven aprender connosco un pouco mais sobre este proceso e porte maus à obra.

 

Custo: 35€

(O evento inclue todo o material necesario (químicos e papel) e ten a duración de 2h30)

Lugar: ¿?

Inscricións: goo.gl/forms/Rtbw2htl4ZA3PziQ2

 

 

16.00 h.

PALESTRAS E APRESENTACIÓNS

Entrada libre

Lugar: Galería Photo Art (Ourense)

 

16.15 h.

Presentación do fotolibro LOBISMULLER

por Laia Abril

 

Foi o Lobishome de Allariz un home? Lobismuller recontrúe a historia de Romasanta desde unha perspectiva feminina e intersexual do asesino en serie máis enigmático e sanguinario. A autora daranos a coñecer a historia a través da contrución narrativa do fotolibro.

 

 

17.15 h.

Drifting to silence

por Mariana Guardani

 

Fotografar o territorio desde as tensións subxacentes que posúe non sempre expostas ao individuo. Camiñando sen dirección a través do inconsciente individual, pode un descubrir o espazo das sensacións. A psicoxeografía trata do estudo dun lugar en ruptura co proceso tradicional de viaxe. O territorio convértese máis ben nun lugar condutor de sentimentos e emocións, conscientes ou non.

 

 

18.00 h.

Presentación do fotolibro NUEVA GALICIA

por Iván Nespereira

 

Nueva Galicia é o novo libro de Iván Nespereira. A publicación rexistra os rastros de dous movementos. O da árbore do caucho (hevea brasiliensis), 70000 sementes foron transportadas desde Brasil a Inglaterra polo explorador británico Henry Alexander Wickham a bordo do barco Amazon Ship en 1876, o que permitiu que a especie se expandise por todo o mundo. E o dun grupo de europeos que migran ao Amazonas, atraídos polo auxe económico que xerou a extracción do caucho entre 1850 e 1920, e que botan raíces en diferentes poboacións a beiras do Río Amazonas.

 

19.00 h.

Os novos desafíos do ensino artístico

por Armanda Bastos, Directora Pedagóxica, António Pedrosa, Director do departamento de Fotografía e Alexandre Souto, Director de Marketing. IPCI do Porto

 

Parte da directiva do Instituto de Produção Cultural e Imagem do Porto acompañaránnos para nos falar do seu proxecto de fundación do IPCI e dos desafíos da nova forma de ensinar na arte e na fotografía.

 

 

20.00 h.

Home Sweet Home

por Rubi Lebovitch

 

O fotógrafo israelí falará sobre o seu último ensaio fotográfico e de procesos de creación de proxectos artísticos sen sair da casa.

 

 

Domingo 3 de decembro

 

10.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas

Workshop: Edición Creativa

Impartido por Laia Abril

Galería Photo Art. Ourense

 

O obradoiro centrarase na análise e a construción de diferentes narrativas e proporcionará unha serie de ferramentas e estratexias para mellorar a narración de cada proxecto, adaptada a diversas plataformas como libros fotográficos, instalacións ou web docs. Exemplificando os casos con diversos proxectos a longo prazo. A autora proporá a metodoloxía do lateral thinking e o traballo en equipa para enfocar as súas series fotográficas como un proxecto criativo.

 

Foto de Soraya SVS.

 

469 views
0 faves
0 comments
Uploaded on March 29, 2018
Taken on December 2, 2017