Back to photostream

Rehabilitación dun hórreo en Maside (Proxecto TERRAS DO AVIA) (Maside)

Rehabilitación dun hórreo dentro do Proxecto TERRAS DO AVIA (proxecto cofinanciado ó 70% polo FEDER) no ámbito dedicado á promoción do patrimonio cultural e preservación deste, a Deputación de Ourense convocou no 2010 unha liña de axudas destinadas á preservación e conservación do rico patrimonio etnográfico dos nosos concellos, asi como a realización da mellora de accesos ó castelo de Monterrei.

 

A intención da Deputación de Ourense, ó convoca-las devanditas axudas, foi a protección, conservación, así como a posta en valor dos numerosos bens do patrimonio etnográfico que atesoura a provincia da Ourense (moitos deles nun pésimo estado de conservación), co fin de evita-la súa perda para sempre, coa perda que iso implicaría para o patrimonio cultural e, por ende, turístico, da provincia.

 

Os investimentos subvencionados tiverón carácter de obras de limpeza, consolidación, conservación e rehabilitación das construcións, instalacións e do seu contorno, e articularán unha política de promoción da cultura e da paisaxe nas áreas xeográficas dos proxectos.

 

 

344 views
0 faves
1 comment
Uploaded on December 28, 2012
Taken on November 6, 2012